martes, 19 de febrero de 2013

Renault Clio Williams 1993


Vendedor: Renault

Destinatario: O anuncio vai destinado a un publico xoven, pois é a edición máis deportiva e dinámica do primeiro Clio, e principalmente asociada esta cualidade e a velocidade a conductores xóvenes e cun gusto pola competición, pois o nome desta edición, Williams, correspóndese co dun equipo de Fórmula1.

Recursos formais: O anuncio comeza co plano lateral, que se prolonga ata o fin sen cortes, dunha zapatilla branca de deporte sinxela sobre un fondo azul con degradado nas esquinas a negro, un lixeiro son tranquilo pero intrigante e continuo e a voz dun narrador que di "Si quieres un deportivo con toda tu alma...". Tras esta frase a zapatilla convertese noutra máis deportiva con raias azuis no lateral cunha evolución progresiva e un son forte mentres o son inicial vai en aumento pouco a pouco, posteriormente a voz en off di "¿Quién puede darte mayor potencia...", e a zapatilla volve a evolucionar a outra máis moderna, ahora cun adorno amarelo na suela do talón e un vermello no contraforte, co mesmo són do anterior cambio. O son de fondo segue aumentando. Con esta nova imaxe o narrador di: "...lo máximo en dixeño...?". A zapatilla volve a evolucionar co mesmo son a unha nova ainda máis deportiva e ahora cambia a cor branca por un azul escuro, o adorno da suela do talón pasa a ser dourado e aparece outro tamen pero máis cara adiante do pe, o adorno vermello do contraforte faise máis grande, o son aumenta e a voz dinos: "¿Quién puede poner la tecnología Williams Fórmula1 en la calle...?". Finalmente esta última zapatilla evoluciona co son a o coche que o anuncio nos vende, o Clio Williams, que coincide na cor azul coa zapatilla da que procede, a última, e a cor das llantas, o dourado, é a mesma que tiñan os adornos da suela e a cor vermella da decoración do contraforte correspóndese cos focos traseiros do vehiculo. O son de fondo segue aumentando ata o fin do anuncio. A voz do narrador contexta ás anteriores preguntas decindo: "Clio, ¿Quién si no...?". Despois desto a cámara fai un retroceso para facer o plano máis grande e a voz cerra o anuncio decindo: "Nuevo Renault Clio Williams, cuerpo de Clio, alma de Williams.", mentres aparecen gradualmente na imaxe na parte superior xunto encima do coche o seu nome "CLIO WILLIAMS" nunha letra branca, limpa e recta, e a potencia deste "150cv" nunha letra que é o perfil do texto e semella ser manuscrita nunha cor dourada. Despois aparece no chan debaixo do coche a imaxe do coche de Fórmula1 do equipo Williams semellando un reflexo do Clio. Finalmente aparece o logotipo da casa Renault (o rombo e o nome da marca) en branco na parte inferior dereita da imaxe. O son cesa e a imaxe volvese negra coa fin do anuncio.

Recursos simbólicos:  O vendedor elixe o proceso de evolución dunha zapatilla deportiva a un coche para vender deste a sua deportividade, pois son zapatillas utilizadas cun fin de facer deporte, a potencia, que é o que calquera deportista busca na competición e no momento de elexir o calzado para desenvolvela ó máximo,  o deseño do coche relacionado co das modernas zapatillas de deporte dos anos 90. O anuncio tamén ten unha estreita relación coa Fórmula1, pois o nome desta edición procede dun equipo, e o publicista introduceo para relacionar a calidade, potencia e rendemento destes coches de alta competición co que pretende vender, así como ó final o reflexo do propio coche de carreiras onde debería ir o reflexo do vehiculo anunciado. A evolución dende unha sinxela zapatilla ó coche en si da a impresión da evolución cara o máis alto chegando co Clio á perfección da deportividade. Co eslogan "Cuerpo de clio, alma de Williams" da ó espectaor a idea dun motor e mecánica do máis alto nivel de competición encerrado no chasis dun Clio, un coche novo nesa época que alcanza a súa versión mais deportiva con este modelo. O reflexo do coche de Fórmula1 ó final do anuncio da a idea de que o que realmente vemos, o Clio en si exteriormente, garda debaixo a "alma de Williams" que só probando a súa conducción poderiamos coñecer e "levala á rúa".



No hay comentarios:

Publicar un comentario